Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 05 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Patrulla ao Rescate abrirá a Cabalgata de Mos

O desfile contará tamén con sete carrozas elaboradas por asociacións e a participación de tres rondallas.

[Img #29671]

 

Dende a concellería de Cultura que dirixe a edil Sara Cebreiro informouse , para ledicia dos máis pequenos, que A Patrulla ao Rescate abrirá a Cabalgata de Reis que terá lugar mañá, xoves 5 de xaneiro, a partir das 18.00 horas da tarde na Avenida de Sanguiñeda.


Por suposto estarán presentes tamén os protagonistas da tarde, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente –Melchor, Gaspar e Baltasar-; nas súas respectivas carrozas reais.


Como cada ano as asociacións mosenses terán unha especial importancia na Cabalgata, protagonizando tamén o desfile coas súas marabillosas carrozas de deseño e confección propias. As agrupacións participantes este ano son un total de sete: o Centro Cultural de Torroso, Santa Ana de Veigadaña, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, Centro Cultural Abrente, A.V.V. Chan do Bosque, Asociación Cultural de Guizán e Centro Cultural e Social de Herville. Ademais participarán as tres rondallas de Mos: Santa Eulalia, Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, e Rondalla Centro Cultural de Herville; e a Asociación de Mulleres Rurais fará o seu tradicional Belén Vivinte.


A novidade deste ano, tal e como explicou a concelleira Cebreiro, é que todo estará instalado fronte a discoteca Queen.


Corte do tráfico


Dende a Policía Local de Mos infórmase tamén a este respecto de que mañá, xoves día 5, a partir das 16.30 horas da tarde, permanecerán pechados ao tránsito rodado a Avenida de Sanguiñeda e todos os accesos á mesma dende outros viais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.