PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra saca á venda 48 parcelas do polígono de Barro-Meis
As empresas interesadas teñen un mes para constituír un dereito de superficie ou de propiedade sobre os 157.263 metros cadrados de terreo dispoñible.
![[Img #29667]](upload/img/periodico/img_29667.jpg)
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar o concurso público para a venda ou constitución dun dereito de superficie de 48 parcelas do polígono de Barro-Meis que suman 157.263 metros cadrados que aínda permanecen sen ocupar.
As empresas interesadas teñen ate o día 4 de febreiro para presentar as súas ofertas sobre calquera das 48 parcelas que aínda están libres no polígono de Barro-Meis, tras a ocupación de 25 e a instalación do viveiro de empresas e o centro de apoio empresarial da propia institución provincial. Hoxe mesmo comezou o prazo de presentación das ofertas ao recoller o Diario Oficial de Galicia o anuncio oficial da convocatoria tras ser aprobado o concurso no pasado pleno da Corporación Provincial o día 28 de decembro.
Estas novas parcelas teñen un prezo de saída de 99 euros máis o IVE correspondente e supoñen distintas superficies comprendidas entre os pouco máis de mil quiñentos metros cadrados ate os máis de seis mil. As parcelas poden ser adquiridas en propiedade ou coa nova fórmula de constitución dun dereito de superficie, cun mínimo de cinco anos e un máximo de 25 anos, e con opción final de compra da mesma parcela.
Para a adxudicación das parcelas vanse valorar, en primeiro lugar, o prezo ofertado, cun mínimo de 99 euros, as condicións medio ambientais do proxecto, a inversión económica prevista e o interese social do proxecto baseado no número de empregos a crear. Ofrécese tamén a posibilidade, en atención a situación económica actual, que o pago do prezo final pódase realizar nun prazo de dez anos.
Na actualidade o polígono de Barro-Meis ten ocupada unha superficie de preto de noventa e nove mil metros cadrados de superficie, tras a venda das primeiras 25 parcelas, a once empresas para a instalación das súas dependencias. Ademais o polígono conta co viveiro de empresas e o centro de apoio empresarial que dependen da propia Deputación de Pontevedra.
O polígono ten un ámbito de preto de medio millón de metros cadrados no concello de Barro, xunto a autoestrada AP-9, dos que aproximadamente están adicados á actividade empresarial 261.000 metros e o resto a viais, aparcamentos, zonas verdes e equipamentos públicos e reservas para infraestruturas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.55