Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 08 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Corredor do Morrazo pecharase ao tráfico mañá luns para retomar as obras de conversión en Autovía desta infraestrutura

A Xunta está a procurar minimizar o impacto do corte intensificando os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía do Morrazo, con labores en fins de semana e festivos.

[Img #29689]O Corredor do Morrazo pecharase mañá, día 9 de xaneiro, ao tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, pola necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en Autovía desta infraestrutura. Esta infraestrutura viaria permanecerá sen circulación ata o remate das voaduras máis importantes.


 
Esta solución tomouse tras analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores. Esta alternativa minimiza riscos e concentra os traballos de maior entidade no menor tempo posible, reducindo case á metade o prazo de execución dos desmontes previstos.


 
A medida está permitir que os traballos nos treitos 1 e 2 da autovía desenvólvanse de xeito continuo e a un ritmo moi intenso, con labores en domingos e festivos.


 
Durante o tempo de corte, a Xunta reforza a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.46

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.