Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 11 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo asegura que falou con Caballero "moitas veces" e agora non é tempo de falar senón "de cumplir"

A alcaldesa de Mos está segura de que o seu homólogo vigués "ten interese en seguir confrontando para ter repercusión mediática". Confrontación que a rexedora mosense "non alimentará", pois “a Área é unha cousa moi seria, non é unha broma”.

A alcladesa de Mos, Nidia Arévalo, asiste "asombrada e indignada ao espectáculo esperpéntico que está a protagonizar o rexedor vigués, Abel Caballero, respecto do transporte metropolitano".


Na reunión que a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, mantivo con Caballero; este aproveitou a ocasión para continuar a súa política de confrontación asegurando que non pode falar con Arévalo “porque no está en el Área”.


Neste sentido a alcaldesa mosense pídelle ao seu homólogo vigués seriedade. “Falei con el non unha vez senón moitas e é el quen ten na súa man, e sempre a tivo, a opción de reconducir esta situación asumindo o que prometeu”, asegura Nidia Arévalo.


Así mesmo a rexedora local de Mos insta a Abel Caballero a “que deixe de mentir e de tomarlle o pelo á cidadanía coas súas tretas de manipulación e engano” e lémbralle que “ademais fun eu a que lle pedín antes de chegar a este punto de non retorno que nos sentásemos e rompésemos a baralla para tratar de chegar a un consenso polo ven común e vostede negouse”.


Por iso Nidia Arévalo é moi clara sentenciando que “agora non é tempo de falar senón de cumplir coa lei e co asinado en aras de que tódolos cidadáns da Área Metropolitana teñan os mesmos dereitos”. “Sabemos que a vostede este ambiente de confrontación lle ven moi ben, Señor Caballero, é precisamente o que quería e o que buscaba; está demostrando que a Área lle importa moi pouco, máis ven nada, o único que lle interesa é confrontar para ter repercusión pública e mediática, estar constantemente presente na prensa é o seu único obxectivo”.


Caso omiso parece que lle fixo onte o rexedor olívico aos empresarios de Mos, quenes lle pediron que dese prioridade ao sentido común e ao benestar de tódolos veciños da Área Metropolitana e urxiron un acordo para desbloquear o billete metropolitano.


“Os intereses de Abel Caballero están claros, polo tanto que se deixe de tomaduras de pelo, que a Área Metropolitana non é unha broma pesada, é algo moi serio”, concluiu a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.