Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 14 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro solicítalle ao concello a instalación de desfibriladores externos nos lugares públicos

Lazoiro considera de vital importancia a instalación de desfibriladores externos en lugares públicos onde hai actividades deportivas con gran afluencia de xente, así como a realización de cursos de formación para o persoal encargado de usar estes medios.

[Img #29796]

 

O Pavillón Municipal de Salvaterra ou o Campo de Fútbol do Casal, son algúns dos exemplos que hai en Salvaterra nos cales debido á gran participación   de xente e o seu  uso deportivo fai de especial importancia a instalación de desfibriladores externos. Lazoiro tamén considera "importante a realización de cursos de formación daquelas persoas responsables das diferentes disciplinas deportivas que se dan nas instalacións públicas do noso concello para poder facer un uso correcto dos aparellos".


O uso dos desfibriladores por parte de persoal con coñecementos ante unha parada cardíaca incrementaría ata o 90% as posibilidades de supervivencia nos primeiros cinco minutos, segundo o Foro de Expertos en Desfibrilación, por iso fanse cada vez máis necesarios e xa son moitos os concellos galegos que os teñen instalados.

 

Ademais, a  Asociación Lazoiro ten constancia dunha liña de axudas por parte da Deputación de Pontevedra publicada no “BOPOP” Nº226 do 23 de novembro de 2015, na que saíron  publicadas as bases e convocatoria de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para adquisición de desfibriladores, onde entraría o Concello de Salvaterra, pero que o equipo de Goberno non solicitou


Por todo isto, Lazoiro pediulle ao Goberno de Salvaterra de Miño a instalación destes medios técnicos e a realización de cursos de formación para a boa utilización dos desfibriladores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.