Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 14 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta convoca a Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo

O Goberno galego e o Concello de Vigo asinaron o pasado mes de xullo o acordo para a integración do ‘Vitrasa’ ao programa, sen que se teña feito efectiva ata o momento.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de convocar a Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo co obxectivo de abordar nese foro o estado do proceso de incorporación do autobús urbano da cidade olívica.

 

A xuntanza terá lugar o vindeiro martes ás 10.30 horas na Delegación Territorial da Xunta, e á mesma están convocados os alcaldes dos 13 concellos que forman parte da Área de Transporte: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior, ademais de Vigo, que asinou a súa incorporación ao Plan.

 

 

 

 

Unha vez que o alcalde de Vigo manifestou onte a súa conformidade coa aplicación práctica do convenio asinado, a Xunta agarda que remita, canto antes, os dispositivos de cobro homologados para o funcionamento da tarxeta de Transporte Metropolitano no autobús urbano

 

 

 

 

Entre os obxectivos do encontro está o de facer balance sobre o funcionamento deste plan social de transporte público posto en marcha pola Xunta de Galicia e 12 concellos en abril do ano 2015.

 

Xunto con isto, o asunto principal que se abordará na reunión é o proceso de incorporación do autobús urbano ao Plan de transporte metropolitano, tendo en conta que o Concello de Vigo e o Goberno galego asinaron un convenio con ese fin o pasado mes de xullo e esa integración non se fixo efectiva ata o momento.

 

Logo de que o alcalde da cidade, Abel Caballero, manifestara onte publicamente a súa conformidade coa aplicación práctica do convenio, o Goberno galego trasladará na xuntanza que o proceso está pendente de que o Concello de Vigo e a empresa concesionaria do seu transporte urbano remitan á Xunta os dispositivos de cobro homologados para o funcionamento da tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia no autobús urbano e proceder a súa validación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.