Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 15 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra achega aos colexios públicos da provincia un calendario competencial

A institución estende esta idea do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui ao alumnado de infantil dos centros educativos públicos da provincia.

[Img #29802]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de mestras do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui e dun pai do mesmo, presentou esta semana o calendario competencial que a institución provincial xa achegou, en formato dixital, aos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra.

 

Carmela Silva destacou que “o ano pasado, estas mestras do Colexio Clara Torres nos trouxeron a xenial idea dun calendario competencial, co que colaboramos, no que se recollían unha serie de competencias educativas para que as familias, con nenas e nenos de entre 3 e 6 anos, poidan traballar fóra do horario lectivo nas súas casas. A idea pareceunos tan boa que este ano decidimos estendela ás 963 aulas de infantil dos 358 colexios públicos da provincia; deste xeito contribuímos a colaborar cos concellos nó ámbito educativo promovendo, ó tempo, o turismo interior, xa que o calendario inclúe actividades para coñecer lugares da provincia de Pontevedra en familiar durante a fin de semana”.

 

O calendario competencial, tal e como destacou a Presidenta da Deputación, “ten por obxectivo que a educación se converta nunha tarefa compartida e nun compromiso entre colexio e familia”.  Deste xeito, o calendario inclúe propostas de aprendizaxe e actividades como procuras de tesouros, cine en familia, lecturas recomendadas para nenas e nenos, lecturas para adultos, educación ambiental e responsable, actividades para realizar en inglés, música ou pautas de respiración para a mellora da fala. Todo isto, segundo asegurou Carmela Silva, “para que as familias teñan un motivo diario máis para interactuar baixo o criterio de aprender xuntos, aprender en familia”.

 

A Presidenta da Deputación manifestou que “a educación é o instrumento máis relevante que a sociedade ten nas súas mans e por iso é fundamental a implicación das diferentes administracións nela, estender ideas como as do Colexio Rural Mestra Clara Torres de Tui a todos os concellos da provincia para ofertar unha tarefa educativa ampla e integral”. Amais, Carmela Silva aproveitou a ocasión para poñer en valor “o papel das mestres e mestres como grandes servidoras e servidores públicos que son quen de garantir dereitos fundamentais das persoas”.

 

Pola súa banda, a directora do Colexio Rural Mestra Clara Torres de Tui, María Teresa Domínguez,  agradeceu o compromiso da Presidenta da Deputación de Pontevedra con esta iniciativa que “xurdiu hai cinco anos pola necesidade de crear vínculos e de impulsar unha educación compartida entre familia, colexio e alumnado, ó tempo que se promoven competencias e valores sociais e cívicos que facilitan o desenvolvemento integral das nenas, nenos e das familias”.

 

O calendario competencial da Deputación de Pontevedra, en formato dixital, xa foi enviado ós centros educativos da provincia de Pontevedra co obxectivo de que os colexios interesados indiquen á institución provincial as unidades impresas que precisan para poder achegarlles o material.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.