Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 17 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui repara a rede de saneamento nas instalacións deportivas Álvarez Durán

[Img #29829]

 

Operarios municipais traballan estes días na reparación da rede de saneamento nas instalacións deportivas Álvarez Durán para eliminar o problema de filtracións que se tiña producido e que tiñan afectado á unha traída veciñal. Segundo explica o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, tras a denuncia presentada por uns veciños que detectaron problemas de contaminación na súa traída dende o Concello buscaron a posible orixe do problema.


Logo de revisar a rede de saneamento das instalacións municipais, que conta con moitos anos de antigüidade, detectaron que parte da mesma estaba taponada, atopando unha das tubaxes selada con poliureano e no interior doutra unha botella de cristal, coa que os vertidos se acumulaban e ao ser a tubaxe de cemento filtrábanse os restos cara a terra e dende aí posiblemente chegaban ata o manancial afectado. Para solucionar o problema operarios municipais constrúen unha nova arqueta e nos próximos días unha empresa especializada levará a cabo a impermeabilización da tubaxe de cemento para evitar que se volva rexistrar filtracións no futuro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.