Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 16 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo espera que Caballero "anuncie mañá a data de inclusión de Vigo no Transporte Metropolitano"

A delegación da Xunta acollerá unha Comisión de Seguemento á que a alcaldesa de Mos espera que o seu homólogo vigués acuda coa nova postura de consenso que perece ter adoitado.

Aproveitando o inicio da reestructuración das dúas liñas de bus urbano municipal que hoxe se produciu e que o mesmo xa ten instaladas as canceladoras homologadas para as tarxetas do transporte metropolitano, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comparou o seu Concello co de Vigo e lembroulle ó seu rexedor, Abel Caballero, “que dende que el asinou o convenio do Transporte Metropolitano, o 6 de xullo de 2016 (fai máis de seis meses), nin instalou as máquinas canceladoras nin fixo ningunha outra cousa ao respecto; mentres que Mos, un Concello pequeno e que levou o convenio do Transporte Metropolitano a aprobación ao Pleno do pasado mes de decembro, xa as ten instaladas”.


Ademais aledouse Arévalo de que o alcalde de Vigo parece que está a reconsiderar a súa postura respecto do Transporte Metropolitano, pois o pasado venres aparecía nos medios de comunicación asegurando que “es mi modelo” e que “las tarifas son idénticas a las que plantea Vigo”.


“Deste xeito, vista a aparente e nova boa disposición do alcalde de Vigo e ante a Comisión de Seguemento do Transporte Metropolitano que se celebrará mañá pola mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo e á que estamos convocados os 14 alcaldes da Área, espero que o Señor Abel Caballero asista, en primeiro lugar, e en segundo lugar que anuncie a data de incorporación do Concello de Vigo ao Transporte Metropolitano”, declarou Nidia Arévalo.


Concluiu a rexedora local mosense co seu desexo de que este feito se produza canto antes polo ben común dos 14 municipios metropolitanos e dos seus veciños e veciñas e insistiu en que o verdadeiro sentido da Área Metropolitana é o ‘Quid pro Quo’, dar todos para tamén recibir todos. “Se todos, e cando digo todos é todos, poñemos da nosa parte; poderemos crear un gran futuro de servizos comúns que redunden na calidade de vida dos cidadáns, que deben ser a nosa prioridade”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.