Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 17 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva tende a man aos axentes TIC para sumar sinérxias ao abeiro do programa “SmartPeme”

O programa da Deputación de Pontevedra ten por obxectivos aumentar o rendemento e as vendas das pemes e persoas emprendedoras e autónomas da provincia.

[Img #29850]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, presidiu onte a reunión cos axentes TIC máis relevantes da provincia e de toda Galicia na que se lles presentaron as novas iniciativas do proxecto “SmartPeme” para asociacións empresariais e as vías de colaboración e sinerxía que estas poden achegar durante o seu desenvolvemento. Deste xeito “SmartPeme”, o programa da Deputación de Pontevedra que busca potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías da información (TIC), segue abríndose a novos sectores dende o seu nacemento e xa se ampliou ás persoas autónomas, aos concellos e, agora, tamén ás asociacións empresariais e empresas provedoras TIC.

 

A Presidenta, Carmela Silva, sinalou que “dende a Deputación de Pontevedra sabemos que en Galicia e nesta provincia existe unha rede TIC moi importante e que esta institución provincial nin quere nin pode ser unha competidora desa estrutura”. A este respecto, a Presidenta provincial asegurou que “as administracións públicas están para impulsar, promover e tamén ter en conta a rede existente e a todas e todos os axentes para que a oferta teña que ver coa demanda e estando en permanente contacto con todas as empresas e todo o sector”.

 

Carmela Silva sinalou, ao falar das novidades que se irán introducindo nas vindeiras semanas no proxecto “SmartPeme”, que “temos que ser capaces de avanzar nun proxecto que nos permita abrir as fiestras” para que os axentes TIC “participedes e sexades quen desenvolvan posteriormente eses proxectos despois de que nós lles informemos, ás persoas que buscan asesoramento, de todas as ferramentas e potencialidades das que dispoñen”.

 

 

 

 

“SmartPeme” xa leva realizados preto de 4.000 asesoramentos a máis de 1.900 usuarias e usuarios

 

 

 

 

Neste senso, a Presidenta provincial avanzou que “traballaremos dun xeito moi transparente e sen ser parte activa das decisións das empresas sobre quen vai desenvolver os seus proxectos”, tendendo a man ás asociacións empresariais “xa que si que imos ser parte desa colaboración coa que sumaremos sinerxías, co obxectivo de que todas e todos gañemos e que SmartPeme se converta cada vez máis nun instrumento que oferte máis posibilidades sen competir nin suplantar ás empresas que se dedican a iso, e conseguindo que todas as empresas e persoas emprendedoras ás que asesoramos conxuntamente consoliden os seus proxectos para poder favorecer unha cultura emprendedora e crear prosperidade económica”.

 

Lembramos que o proxecto “SmartPeme” é un modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e persoas emprendedoras e autónomas e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos, todo iso empregando as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e as novas tecnoloxías (redes sociais, comercio electrónico…). Ata o momento, “SmartPeme” xa realizou preto de 4.000 asesoramentos a máis de 1.900 empresas, persoas emprendedoras e autónomos e autónomas da provincia de Pontevedra.

 

Nas seis oficinas de “SmartPeme” instaladas en Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo estanse pondo en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, a colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, a especialización sectorial dos asesores e asesoras en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, a identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pequenas e medianas empresas e, tamén, o impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.