CULTURA
Jorge Algora elixido novo presidente do Clúster Audiovisual Galego
Jorge Algora foi nomeado novo presidente do Clúster Audiovisual Galego en substitución de Andrés Barbé, que ostentou o cargo desde decembro de 2010.
![[Img #29865]](upload/img/periodico/img_29865.jpg)
O produtor e socio fundador de Adiviña Producións, Jorge Algora, foi elixido por unanimidade novo presidente do Clúster Audiovisual Galego (Clag) durante a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada este martes martes, en Santiago de Compostela. No mesmo acto a Asemblea tamén ratificou os membros que integran a nova Xunta Directiva e que o acompañarán durante os próximos tres anos de mandato.
O director Jorge Algora sitúase á fronte deste organismo intermedio e toma o relevo do produtor Andrés Barbé, quen dirixiu a entidade desde decembro do 2010. Durante dous mandatos, o presidente saínte do Clag e o seu equipo realizaron unha labor que o propio Algora valorou como “moi positiva” tanto para o clúster como para os intereses dos seus asociados. Nestes últimos anos consolidáronse actuacións estratéxicas no ámbito da internacionalización, innovación e dinamización do sector audiovisual galego e afianzouse a marca do Clúster do Audiovisual Galego.
Na súa primeira intervención como presidente do Clag, Jorge Algora agradeceu a confianza nel depositada polo resto de asociados para continuar co proxecto asociativo, e adiantou as principais liñas de actuación do Clag para esta nova etapa, na que conta con manter os proxectos estrela do Clag, como é o pitching “I+P, Ideas para producir”, ou executar as liñas pendentes do plan estratéxico, que estará vixente ata o ano 2018, potenciando especialmente os traballos de cooperación entre empresas.
Pola súa parte, Barbé agradeceu ao resto de socios do clúster o apoio prestado durante a súa etapa como presidente, ao mesmo tempo que ofreceu a súa axuda e colaboración ao novo equipo directivo.
Entre as novas propostas está avanzar no diálogo coas asociacións e outros axentes do sector para atopar canles de colaboración e accións específicas que contribúan a estruturar o sector como unha industria 4.0.
A nova directiva quere promover proxectos tractores tanto no eido da produción, como da innovación, ou o I+D, que acaden a especialización das empresas, actuando como aceleradora de proxectos que persigan o interese dun mínimo de tres empresas.
Ademais, propón crear unha rede de empresas doutros sectores “amigas do audiovisual galego” e que poidan apoiar accións de promoción ou financiamento de proxectos. Así como unir estratexias coas empresas que poidan dar servizos ás producións de fóra da comunidade e que nun futuro poidan ser a base dunha film commission galega.
Tamén están entre os obxectivos do novo equipo directivo do Clag apoiar as accións existentes, e promover campañas sobre a importancia de ter un sector audiovisual propio; traballar coas universidades e as escolas de formación audiovisual para deseñar un plan que integre os novos profesionais, e aumentar a base de representación do clúster, poñéndose ao servizo de todos e servindo como ferramenta de unión.
Durante a Asemblea de hoxe tamén se aprobou a modificación dos Estatutos do Clúster Audiovisual Galego e o presidente saínte presentoulles aos asistentes un informe da actividade do clúster no último período.
Nova Xunta Directiva
A nova Xunta Directiva do Clag está composta por Presidente: Jorge Algora (Adiviña Producións); tres Vicepresidentes: Miguel Conde (Congo Producciones), Alfredo Alemparte (Setemedia Producciones Audiovisuales) e Juan de Dios Serrano (Agallas Films), que actuará tamén como tesoureiro, e unha Secretaria e Xerente do Clag, Mar Varela.
Completan a nova Xunta Directiva catro vogais: Ramón Basanta (CESGA), Aquilino Abeal (Aeromedia), Margarita Soilán (Fundación TIC Lugo) e Manuel Sanmartín (Areca Films).
O Clag: máis dunha década ao servizo do audiovisual galego
O Clúster Audiovisual Galego creouse en febreiro de 2003 como unha iniciativa dun grupo de empresas comprometidas co desenvolvemento e a consolidación da industria audiovisual de Galicia. Na actualidade, o Clag é a referencia do sector, sendo pioneiro a nivel nacional na clusterización de empresas do audiovisual. Está integrado por unha trintena de compañías, entre as que se encontran algunhas das máis dinámicas e innovadoras da creación audiovisual, que participan en todos os procesos da cadea de valor da produción audiovisual.
O Clag ofrécelles ás súa empresas unha oferta de servizos horizontais, entre os que destacan o desenvolvemento colaborativo de proxectos; misións directas, inversas e asistencia a feiras; foros de comercialización de contidos; asesoramento en I+D+i, e consultoría e asesoramento xurídico, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153