TURISMO
Turismo de Galicia e o Clúster presentan en Fitur dous importantes proxectos para o impulso do segmento familiar e a enoloxía
A Comunidade galega continúa, así, coa difusión da súa oferta turística en Fitur a través de 12 presentacións que terán lugar ao longo do día no stand de Turismo de Galicia.
![[Img #29907]](upload/img/periodico/img_29907.jpg)
O stand de Galicia na 36ª edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, acolleu no segundo día de celebración un total de 12 presentacións que difundiron a ampla oferta turística que ofrece a nosa comunidade.
Un dos actos promocionais celebrados foi o organizado polo Clúster de Turismo de Galicia. Nel presentáronse dúas iniciativas destinadas a impulsar dous importantes segmentos turísticos: ‘Destino familiar’ e ‘Enoturismo Galicia’.
Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que estes dos proxectos deron os seus primeiros pasos no pasado ano e que impulsarase o seu desenvolvemento neste 2017.
Nava Castro destacou que a través da iniciativa ‘Enoturismo Galicia’ únense por primeira vez as cinco Rutas do Viño de Galicia baixo unha mesma marca co obxectivo de situar a nosa comunidade autónoma como un referente enoturístico. “Baixo este novo produto turístico desenvolveranse unha ampla oferta de iniciativas enoturísticas e enogastronómicas de calidade que atraerán a un maior número de visitantes ao noso territorio”, sinalou.
Tamén ocuparon un lugar importante no espazo galego do certame, o recén oficializado Camiño Portugués pola costa, os destinos Manzaneda-Trevinca, Mariña Lucense e O Salnés así como a nova edición de Termatalia
No que se refire ao produto ‘Destino familiar’, a responsable de Turismo da Xunta explicou que este proxecto inclúe un sistema de acreditación orientado á posta en valor da oferta dirixida a este segmento a fin de que o consumidor poida identificar os servizos, establecementos, instalacións e actividades turísticas pensados e adaptados para familias. “Así, conseguiremos agrupar toda esta oferta nunha web e aplicación móbil específica para impulsar Galicia como destino familiar”, engadiu.
Nava castro avogou pola importancia destas dúas iniciativas afirmando que gozarán dun gran éxito neste 2017 e axudarán a continuar posicionando a nosa comunidade como un destino multiexperiencial e de calidade.
Segunda xornada
Na mañá de hoxe tamén ocupou un lugar importante no espazo galego en Fitur, o recén oficializado Camiño Portugués pola costa, o xeodestino Manzaneda-Trevinca ou a oferta náutica galega, entre outros.
Así mesmo, o stand de Galicia acollerá pola tarde diversas presentacións como as destinadas á difusión de destinos a Mariña Lucense e O Salnés ou a presentación da nova edición de Termatalia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149