LIBROS
25 anos PREMIO EDEBÉ de Literatura Infantil e Xuvenil
303 orixinais aspiran á XXV edición, que se dará a coñecer o próximo 25 de xaneiro en Barcelona.
Participan nesta edición do 25 aniversario 187 obras na modalidade infantil e 116 na modalidade xuvenil, escritas en castelán (258), catalán (30), galego (10) e éuscaro (5). Esta é quizais unha das principais singularidades do Premio: que orixinais nas catro linguas optan a el en igualdade de oportunidades. Ao longo das 24 edicións anteriores galardoáronse 30 obras en castelán, 13 en catalán e 4 en galego.
A procedencia das novelas é moi diversa, con representación de todas as comunidades autónomas. As que enviaron un maior número de orixinais foron, novamente, Madrid (con 57) e Cataluña (con 56). Despois van Andalucía (con 27), a Comunidade Valenciana (con 21), Cantabria (con 11), Castela A Mancha e Castela e León (ambas as dúas con 9) e Aragón, Galicia e o País Vasco (con 7 cada unha). Este ano tamén chegaron orixinais procedentes de América Latina.
Polo que respecta ás temáticas predominantes, na modalidade infantil, destacan as novelas realistas e tamén as de aventuras. Na modalidade xuvenil, as novelas de denuncia e policiais ou de intriga.
Despois de 24 convocatorias, o Premio conseguiu unha plena consolidación, reputación literaria e, en especial, un gran número de lectores. De feito converteuse en referencia obrigada entre os nosos autores, tanto pola calidade das obras como polo prestixio dos escritores e escritoras que o obtiveron en edicións anteriores. A illa de Bowen, de César Mallorquí, e Palabras envelenadas, de Maite Carranza, foron distinguidos co Premio Nacional 2013 e 2011, respectivamente, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Encabezan esta relación Carlos Ruíz Zafón e Gabriel Janer Manila, seguidos doutros nomes significativos no panorama das letras de todo o Estado, como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Elia Barceló, Pasqual Alapont, Andreu Martín ou Juan Madrid.
O Premio EDEBÉ ten unha dotación económica global de 55.000 €: 30.000 euros para a obra xuvenil e 25.000 euros para a infantil.
Foron gañadores da edición anterior Jordi Sierra i Fabra, con O aprendiz de bruxo e Os Invisibles, e Luis Leante, con Fuxe sen mirar para atrás.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22