Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 21 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Ábrese o prazo para participar no ENTERRO DA LAMPREA 2017

[Img #29934]

 

O Concello de Salvaterra de Miño abriu onte venres o prazo de inscrición para participar no seu xa tradicional ENTERRO DA LAMPREA.


 
Cada ano, o sábado seguinte ao martes de entroido, no 2017 será o 4 de marzo, en  Salvaterra percórrese as estradas chorando a morte da súa querida Lamprea.
 


O ano pasado foron 18 carrozas as que participaron, con máis de 1600 participantes, percorrendo e facendo a ledicia das miles de persoas que se deron cita nesa tarde en Salvaterra para ver desfilar as diferentes carrozas e comparsas, chegadas de toda a comarca, que acompañan a comitiva da defunta lamprea e as súas choronas.


 
Dende o Consistorio invitan a todos a participar, ou ben formando parte dalgunha das comparsas ou carrozas que se inscriban, ou acompañando a ese grupo de “choronas” que despide a súa querida lamprea polas rúas da vila.


 
A saída será igual que todos os anos, a partires das 18.00h, con saída da Rúa Rosalía de Castro – Rúa Castelao-Rúa Fonte da Vila – Rúa Dona Urraca e rematará na praza do Concello, onde se lerá o testamento da defunta e se lle prenderá fogo, todo isto acompañado dun chocolate ben quente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.