Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 23 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

O martes inaugurase a exposición “Reptigalia” en Tui

A mostra, de marcado carácter didáctico, é totalmente de balde e está especialmente dirixida ao alumnado con visitas guiadas.

[Img #29936]

 

Dende o vindeiro martes, 24 de xaneiro, a Oficina Municipal de Turismo situada na praza de San Fernando acollerá Reptigalia, unha exposición itinerante de réptiles, anfibios, artrópodos e insectos de todo o mundo.
Esta mostra está especialmente enfocada á divulgación da riqueza natural, xa haberá charlas e visitas guiadas para o alumnado de infantil, primaria e secundaria. Buscase fomentar nos rapaces e rapazas o respecto pola natureza a través do coñecemento e contacto directo cos animais. Na exposición os visitantes poderán ver dende escorpións a insectos pao pasando por tartarugas, tarántulas ou clamidosaurios.


Os centros educativos interesados en realizar unha visita guiada deben reservar hora no número de teléfono 665 860 440 ou no correo reptiatlantic@hotmail.com.


A exposición, de balde, está aberta de martes a xoves, de 10:00 a 16:00h e os venres e sábados de 10:00 a 19:00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.