Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
O Porriño

Resulta ferido tras saírse da vía no Porriño

Unha persoa resultou ferida na localidade do Porriño ao envorcar co seu vehículo despois de saírse da vía, á altura da parroquia de Torneiros. Ademais, resultou danado un poste de alumeado público que, segundo indicaron os axentes de Tráfico caeu enriba do turismo e interrompía a estrada en ámbolos dous sentidos.



Urxencias Médicas alertou ao 112 Galicia do suceso, sobre as 06:00 horas de hoxe que, a partir de aí, puxo en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros de Baixo Miño, os axentes de Tráfico e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil do Porriño.

 

Camión atascado nun camiño


Por outra banda, axentes da Policía Local informaban esta madrugada  ao persoal do 112 Galicia dun camión cargado - 40 toneladas de bobinas de papel- con risco a caer por un desnivel na localidade do Porriño.



Segundo indicaron os axentes, o camión, circulaba por un camiño estreito e paralelo a Autovía. Por precaución, os axentes de Tráfico procederon a cortar a saída 303 da A-52, tras quedar a cabeza tractora no aire e con risco de desprenderse sobre a vía.



Ademais da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron informados, así como o  persoal do servizo de mantemento da estrada. Á primeira hora desta mañá, os operarios, valorarán o xeito da retirada do camión.



O 112 Galicia tivo constancia do suceso  sobre as 02:30 horas desta madrugada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.