Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 25 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Converxencia 21 de Tui chama a centro dereita a se renovaren "para poder conformar un goberno alternativo"

Dende Converxencia 21 de Tui aseguran estar "decepcionados co desempeño pero ainda máis coas atitudes do goberno local e nomeadamente do partido que o encabeza e que ocupa case todo o poder no mesmo, o PSOE" cando se cumpre o ano e medio de exercicio de poder do novo goberno.

 

En canto ás atitudes, explican "o PSOE estase comportando cunha tremenda arrogancia, tanta ou máis que a dun goberno que tivese maioría absoluta, e demostrando unha nula vontade, capacidade e talante de diálogo e de construir maiorías, é realmente surreal o seu comportamento, mesmo cunha organización que os apoiou na investidura e de forma incondicional como C21".

 

Dende C21 aseguran que "non pode permanecer impasible ante a ameaza que para a prosperidade de Tui supón un goberno que a pesar da sua debilidade, comeza a mostrar un talante autoritario e especialmente malgastador, intervencionista e de tecelán moi activo de redes clientelares, mesmo nun contexto no que orzamentariamente están maniatados, a medio prazo e cando puideran encontrariamonos cun proceso de fonda socialistización, é dicir, aumento brutal de impostos, débeda, aumento de regulacións con marxe para a arbitrariedade, aumento de subvencións e malgasto orientado á compra de voto máis ou menos disimulada, nepotismo, aumento do asistencialismo para nutrirse electoralmente da pobreza e a medio prazo, como consecuencia inevitable de todo o anterior, corrupción".

 

Converxencia 21 quere mostrar a sua "disponibilidade para evitar que este escenario dramático se reproduza en Tui e chamamos portanto ao PP e partidos afins a un inaprazable, imprescindible e profundo proceso de renovación. É evidente que o periodo de goberno conservador non foi tampouco positivo para Tui e o fondo descontente co goberno actual non xustifica un retorno á situación previa polo que desde C21 propomos que as persoas que formaron parte dese periodo nun rol de pertenza aos sucesivos gobernos locais, actúen con altura de miras e cedan o seu posto a compañeiros das suas respectivas listas".

 

Por último din que " nosa mensaxe sempre foi a mesma, somos un partido liberal e podemos pactar coa esquerda moderada ou coa dereita, cuns grupos municipais do centro dereita renovados os liberais galegos de Tui estariamos dispostos a negociar un plan de acción dun novo goberno municipal austero, unido, cun forte impulso reformista, con visión estratéxica e con capacidade de xestión. De non ser así, e no que a nós respeita, todo quedaría igual e, desde a oposición, comezariamos a preparar as eleccións de 2019 para convertirnos na grande alternativa renovadora ás dañinas políticas da esquerda local".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.