TOMIÑO
ADETO finalizou a campaña do Nadal ca entrega de premios dos cheques regalo
![[Img #30007]](upload/img/periodico/img_30007.jpg)
Ás 21 h da tarde do venres día 20, procedeuse a entregar os premios ó centenar de gañadores dos cheques e agasallos dados polos establecementos participantes na campaña, así como os dados por ADETO. (A todos os que non puideron asistir a recoller o seu premio, poden achegarse ata o local de Adeto nas Galerías da Rúa Gondomar polas mañas).
Unha campaña na que se realizaron diferentes actividades tamén, como foron animación nas rúas os días 23 e 30 de decembro, a colaboración co Concello nas Actividades de Nadal que se realizaron na carpa na Praza do Seixo, ou a celebración un ano máis o concurso de postais de Nadal, entre os nenos de tódolos colexios do concello de infantil e primaria, e no que participaron uns 400 alumnos, resultando premiadas 8 postais de varias categorías, sendo os gañadores:
CATEGORÍA A (Educación infantil):
Alba Pérez - CRA Mestre Manuel Garcés
María Pérez - CEIP de Tebra
CATEGORÍA B (1º e 2º Primaria):
Aaron Dacuña - CEIP de Sobrada
Brais Da Silva - CEP Pedro Caselles Beltrán
CATEGORÍA C (3º e 4º Primaria):
Noa Pérez - CEIP de Tebra
Tomás Castiñeira- CEIP Pintor Antonio Fernández
CATEGORÍA D (5º e 6º Primaria):
Virginia Beiro - CEIP Pintor Antonio Fernández
Ismael González - CEP Pedro Caselles Beltrán
Este ano ademáis, o Servizo de Atención Diúrna do Concello de Tomiño integrado na rede pública do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Conselleria de Política Social, en colaboración coa asociación realizou unha coroa de Nadal decorativa para cada establecemento asociado.
As coroas, feitas a man e con materiais totalmente reciclables e reutilizables, foron creadas polos/as usuarios/as con apoio do persoal. Entre ambos recopilaron o material necesario para crear os adornos que van dende o papel de periódico que reciben todos os días no centro ata retallos pequenos de tea que tiñan pola casa, pasando por restos de vides sobrantes da poda ou tapóns de botellas plásticas e cortizas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149