AS NEVES
Obras en estradas das Neves
O Concello repara dous viais en mal estado tralas chuvias do pasado febreiro.
![[Img #30018]](upload/img/periodico/img_30018.jpg)
Nestes días acometéronse obras de reparación de estradas municipais en Penlas, Santiago de Ribarteme e Rodeiro, San Xosé de Ribarteme. No primeiro caso foi preciso a construcción dun muro de contención de máis de 50 metros de longo xa que a estrada rachara en sentido lonxitudinal. En Rodeiro, as enchentes de febreiro fixeron que a estrada quedara oca por debaixo téndose que compactar de novo e construir cunetas ao longo de todo o tramo.
O Concelleiro de Fomento, Eduardo Mariño, declarou que “estas obras tiveron que acometerse con fondos do Concello recibidos dende a Deputación xa que a Xunta de Galicia decidiu non aportar ningunha cantidade; cuestión que si fixo en concellos limítrofes facendo gala da política máis rancia de se eres dos meus axúdoche e se non fastidiaste”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49