Miércoles, 28 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Club Natación Ponteareas presentan o XVIII Trofeo Amizade

[Img #30032]

 

O luns 23 de xaneiro tivo lugar a presentación do XVIII Trofeo Amizade de Natación no Concello de Ponteareas, presentación que contou coa presenza do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deporte, Benito Márquez, xunto a Alberto Aliaga, vicepresidente do CN Ponteareas e Andrés Carrera, director técnico e presidente do CN Ponteareas.


A maioría de idade deste evento da idea da importancia que adquiriu a proba dentro do calendario oficial da Natación Galega, abríndose un oco por méritos propios e consolidándose nos últimos anos entre as competicións máis destacadas.


A proba celebrarase o próximo sábado 28 de xaneiro na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino, na que participaran un total de 11 equipos, chegados dende as provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra, que desprazarán un total de 279 nadadores, alcanzando este ano  o récord de participación.


Paralelamente ao Trofeo Amizade celébrase o IX Trofeo Concello de Ponteareas, que se entrega ao mellor nadador en categoría masculina e feminina.


Por segundo ano consecutivo, o Trofeo contará, grazas a colaboración da Concellería de Deportes, co sistema de  cronometraxe electrónico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.