Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui rende homenaxe a Camilo José Cela no centenario do seu nacemento

No acto intervirá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o fillo, Camilo José Cela, o irmán Jorge Cela e o sobriño Julio Pérez.

O concello de Tui celebra esta fin de semana o acto de homenaxe “Cela en Tui” que celebra o centenario do nacemento do célebre autor e gañador do premio Nobel de Literatura Camilo José Cela, quen tivo unha forte relación coa cidade.


O acto, presentado polo director da Radio Municipal de Tui, Jose Font, comezará coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen dará paso á proxección dun fragmento do documental “El recuerdo más cercano”. A selección dos fragmentos e relatos relacionados coa presenza de Cela en Tui recollerá as anécdotas dos seus familiares e amigos máis próximos. Terá unha duración aproximada de 55 minutos e os asistentes poderán coñecer as lembranzas e comentarios que facía Cela, por exemplo, cando se lle dedicou unha rúa na súa honra.

 

A continuación, será a quenda dun coloquio da man do seu fillo Camilo José Cela Conde, do seu irmán Jorge Cela Trulock e do seu sobriño Julio Pérez Cela.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, será a encargada de pechar o acto de  homenaxe ao recoñecido escritor.


Aínda que Cela naceu en Iria Flavia, Padrón, o seu pai é oriúndo de Tui e influíu notablemente na vida do escritor galego. A familia do seu pai chegou a Tui procedente do pobo ourensán de Piños de Cea e aquí, instalados nunha casa situada no que hoxe é a rúa Maristas, formaron parte activa da vida política e social da cidade. O seu avó, Camilo Cela Fernández, chegou a ser alcalde da cidade a comezos do século XX, en 1905, e entre os seus fillos atópase Camilo Cela, pai do escritor.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.