Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 28 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O DOG anuncia a licitación das obras de saneamento dos núcleos das Ermitas, O Couto e Leirado, en Salvaterra de Miño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciaba este pasado venres (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioO143-230117-0002_gl.html) a licitación das obras de saneamento dos lugares das Ermitas, O Couto e Leirado, en Salvaterra de Miño, por valor de 362.996 euros. A obra consistirá na dotación dunha nova rede de saneamento, que permitirá eliminar os puntos de vertedura e garantir, así, a calidade das augas dos ríos da contorna.

 

Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego pola máxima colaboración cos concellos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

 

As obras están cofinanciadas por parte do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Salvaterra de Miño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.