Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 30 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta licita as obras de saneamento das zonas de Pedrahucha e Atín-Cela, en Mos

O Diario Oficial de Galicia publicaba o venres este contrato de obra pública hidráulica por un importe de 258.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado venres (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioO143-230117-0002_gl.html) a licitación das obras de saneamento das zonas de Pedrahucha e Atín-Cela, en Mos, por un importe de 258.000 euros. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e enmárcase dentro dun convenio asinado entre o Concello de Mos e a Consellería do Medio Ambiente.

 

En concreto, as obras previstas consistirán na execución dunha nova rede de saneamento en puntos que aínda non dispoñen dela, na zona de Pedraucha e de Atín–Cela. O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, para o que se eliminarán puntos de vertedura e, por conseguinte, mellorarase a calidade das augas dos ríos da contorna.


    
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aposta pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.