Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 02 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Tui

Hoxe o Concello de Tui controlará os postos do mercado semanal

[Img #30097]

 

Hoxe, e con aviso previo, o Concello de Tui levará a cabo un control selectivo dos postos do mercado semanal unha vez rematou o prazo de renovación da documentación correspondente ao ano 2017. O obxectivo é comprobar que os vendedores ambulantes teñen a documentación e o pago das taxas ao día polo que a Policía Local levará a cabo o control a primeira hora da mañá previa a montaxe dos postos, de tal xeito que aqueles que non cumpran cos requisitos marcados non poderán instalarse no mercado semanal.

 

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explica que con esta medida búscase que todos os vendedores ambulantes exerzan a súa actividade en igualdade de condicións  cumprindo cos requisitos establecidos na ordenanza reguladora e estando ao día no pago das taxas establecidas. Engade que para levar a cabo o control solicitarán da subdelegación do goberno a colaboración das forzas de seguridade.  Anuncia o edil que este tipo de controis se realizarán con regularidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.