Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A empresa mosense Plascies recibe a visita da conselleira de Medio Rural

Adícase á fabribación en plástico e benefíciase dunha axuda autonómica para proxectos non agrícolas no rural.

[Img #30154]

 

A Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, visitou esta onte a empresa mosense, Plascies S.L., (adicada á fabricación de artigos de plástico) acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; entre outras autoridades.

 

Vázquez Mejuto anunciou na súa visita a Mos que a Xunta incrementará nun 60% as axudas para proxectos non agrícolas no rural galego ata chegar aos 5,5 millóns de euros. Precisamente a mosense Plascies é unha empresa beneficiaria destas achegas.

 

Estas subvencións son xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e van destinadas a apoiar iniciativas empresariais no rural que non están relacionadas directamente coas actividades agrogandeiras ou forestais. Mos é un municipio no que conflúen moitas empresas destas características, por ser un Concello rural cunha base económica fundamentada principalmente no vasto tecido industrial asentado no seu territorio.

 

A conselleira Ángeles Vázquez comunicou hoxe en Mos, tal e como se mencionaba antes, que a Consellería do Medio Rural incrementará en case o 60% as axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas. Así, a próxima convocatoria destas achegas terá un orzamento de arredor de 5,5 millóns de euros, fronte aos 3,5 millóns destinados a esta finalidade o ano pasado.

 

Estas subvencións son xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e van destinadas a apoiar iniciativas empresariais no rural que non están relacionadas directamente coas actividades agrogandeiras ou forestais. Tendo en conta que estas axudas acadan o 45% do investimento realizado, a inxección de fondos inducidos no rural galego será polo menos duns 12 millóns de euros.

 

Como novidade, a vindeira convocatoria vaise dividir en dúas liñas de axuda. Por unha banda, haberá subvencións enfocadas á compra de maquinaria e bens de equipo e, por outra parte, apoiarase a creación de empresas non agrarias, incluíndo obra civil para mellora, ampliación ou modernización das xa existentes.

 

Estas melloras foron anunciadas hoxe pola conselleira Ángeles Vázquez na súa visita á empresa Plascies, que dispón dunha nave dedicada á transformación de material plástico na localidade pontevedresa de Mos. Esta industria beneficiouse dunha axuda de 133.907,85 euros, para un investimento de preto de 300.000, na última convocatoria destas subvencións. Os fondos fixeron posible a instalación de nova maquinaria, consolidando 21 postos de traballo e creando outros 3 novos empregos.

 

 

Creación e mantemento de emprego

En relación cos datos da última convocatoria, a conselleira destacou que o investimento realizado no agro galego propiciou a creación dun total de 117 empregos e o mantemento doutros 372. Os beneficiarios son pequenas empresas, persoas físicas que residen nunha zona rural e familias titulares dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas.

 

Entre os proxectos subvencionados figuran, por exemplo, iniciativas como a posta en marcha dun establecemento de turismo ecuestre na localidade luguesa da Fonsagrada, a modernización dun almacén para materiais de construción no Barco de Valdeorras (Ourense), o apoio a unha liña de fabricación de bolsos en Dodro (A Coruña) ou a apertura dun centro de día en Redondela (Pontevedra).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.