O PORRIÑO
A alcaldesa mantén unha xuntanza coa directora rexional de Telefónica para levar Internet a todas as parroquias do Porriño
![[Img #30155]](upload/img/periodico/img_30155.jpg)
A alcaldesa mantivo este martes unha xuntanza coa directora rexional de Telefónica, Marta Menéndez, e outros responsábeis da compañía, para tratar do estudo para dotar ás parroquias e ao propio Concello da infraestrutura necesaria para a transmisión de datos vía Internet.
Eva García de la Torre expuxo o interese do Goberno local de que todos os inmobles municipais dispoñan dun enlace á Rede que sexa “rápido e, sobre todo, seguro”, conexión que tamén se instalará en puntos de influencia das parroquias, coma asociacións culturais e veciñais, sempre con “garantía de seguridade e a necesaria rapidez para facilitar o acceso a Internet”.
Segundo subliñou a alcaldesa, o obxectivo, coma salientou dende que tomara posesión do seu cargo, é que todas as veciñas e veciños do Porriño poidan entrar a Rede en “igualdade de condicións, independentemente do lugar no que vivan”.
García de la Torre entende que a entrada a Internet e a posibilidade de conexión é “clave” para que as xeracións máis novas do Porriño “teñan entrada á cultura, á información, ás comunicación en condicións de igualdade con outras persoas, sexa cal sexa a súa localidade de residencia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149