Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 31 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Extinguido un incendio nunha das aulas do colexio "Castro Mos" sen causar danos persoais

Os Bombeiros que se desprazaron ao punto, tras ser alertados polo 112 Galicia confirmaron que ardeu, unicamente, un moble dunha das aulas

[Img #30160]

 

Un colexio de Mos situado no lugar do Castro foi evacuado esta mañá tras declararse un incendio nunha das súas aulas. Afortunadamente, ninguén se viu afectado. Os Bombeiros que se desprazaron ao punto, tras ser alertados polo 112 Galicia confirmaron que ardeu, unicamente, un moble dunha das aulas que o propio persoal de mantemento logrou extinguir. Unha vez ventilado o centro os cativos retomaron a actividade con total normalidade.

 

Ás 10:30 horas de hoxe, membros do Servizo de Emerxencias de Mos informaban ao 112 Galicia do incendio. Indicaban que o centro xa estaba evacuado e o lume concentrábase na planta baixa.  A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 pasouse aviso,  de inmediato, aos Bombeiros do Porriño e á Policía Local que xa aseguraban ter constancia do suceso.  Ademais, alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vigo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.