Provincia
A mostra "Exodus" da Deputación sobre o drama dos refuxiados pódese visitar na Illa de Arousa ata o 14 de febreiro
Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, acompañada polo alcalde da Illa, inaugurou a exposición no Auditorio Municipal
![[Img #30161]](upload/img/periodico/img_30161.jpg)
O Auditorio Municipal da Illa de Arousa acolle dende onte martes 31 de xaneiro a exposición fotográfica "Exodus: na procura de refuxio". A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, acompañada polo alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, e representantes da corporación municipal, inaugurou esta mañá a mostra, que foi elaborada polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago entre os meses de setembro e outubro de 2015. O seu traballo documenta as vivencias dos refuxiados e refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa. "Exodus" poderase visitar entre os días 31 de xaneiro e o 14 de febreiro de 2017 no Auditorio Municipal da Illa de Arousa, en horario de 10:30 a 14.00 e de 16.30 a 19:30 horas de martes a sábado e de 10.30 a 14.00 horas os domingos.
A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, lembrou que "Exodus provén dos termos latino e grego que significan saída". As persoas protagonistas destas imaxes son persoas que precisamente escapan dos seus territorios, "arriscando as súas vidas ata o punto de que poden chegar a perdelas no Mediterráneo", sinalou a Deputada provincial, "buscando unha nova vida chea de ilusión e esperanza, pero atopándose con outra dura realidade e outra crise, a da Unión Europea como sinónimo de unión e de solidariedade, un muro de intransixencia que non responde ás súas expectativas nin a principios que supostamente forman parte da identidade da Unión Europea".
Digna Rivas explicou que o obxectivo da mostra é "facer reflexionar á sociedade, a todos os ollos que observen estas fotografías" porque "é un drama moito máis próximo a nós do que podemos supoñer". Ademais, asegurou, "témonos que sensibilizar co seu sufrimento" e, así, "impulsarnos a ser mellores persoas"xa que "o día de mañá esas persoas poderiamos ser nós. Esta situación non entende nin de clases sociais, nin de niveis de educación nin doutras circunstancias persoais", asegurou a Deputada provincial.
A exposición xa se exhibiu entre o 29 de abril e o 10 de xuño no Pazo provincial da Deputación, "pero pareceunos boa idea que se fixera itinerante para que percorrese os concellos da provincia" e que a súa veciñanza, tal como sinalou Digna Rivas, "saiba o que está a acontecer". A Deputada lembrou que esta mostra forma parte do compromiso que ten a Deputación de Pontevedra como institución pública co labor de divulgación de información e, deste xeito, "Exodus" xa chegou a Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Nigrán, Forcarei, Catoira, Moaña, Tomiño, Rodeiro, As Neves, Cambados, Vilaboa, Silleda e agora, A Illa de Arousa, á espera de máis incorporacións nas vindeiras datas. "Non queremos parar", asegurou Digna Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149