Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 01 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

A Xunta licitará nas vindeiras semanas as obras da primeira fase da Cidade da Xustiza de Vigo

Na Comisión están integrados tanto membros da Xunta, como do concello, xuíces, avogados, fiscais, secretarios coordinadores, procuradores e arquitectos

[Img #30166]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda avanzou hoxe que nas vindeiras semanas, o goberno galego licitará as obras da primeira fase da Cidade da Xustiza de Vigo, cun orzamento de 3,2 millóns de euros, coa previsión de adxudicala en maio e iniciar de inmediato os traballos axilizando ao máximo o procedemento para que o futuro complexo xudicial sexa unha realidade o antes posible.

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves asistiu esta mañá á reunión da Comisión de Seguimento do Proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo, que tivo lugar na Delegación da Xunta, onde  se indicou que unha vez licitadas as obras, procederase a solicitar ao concello a correspondente licenza para  levar a cabo estas obras, e iniciar as demolicións neste semestre.

 

Na reunión do Comité de Seguimento do Proxecto da Cidade da Xustiza, no que están representados tanto membros da Xunta, coma do concello e de todos os axentes implicados coma xuíces, avogados, fiscais, secretarios coordinadores, procuradores e arquitectos, e onde o responsable do proxecto, o arquitecto Alfonso Penela, explicou  perante a Comisión o proxecto da primeira fase.

 

Para axilizar ao máximo a posta en marcha do edificio, o proxecto dividiuse en dúas fases, a fase de execución, coa parte de demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas e unha segunda fase de obra de rehabilitación, que será entregada no terceiro trimestre deste ano para poder estar en obras antes de que remate o ano e cun prazo de execución de 24 meses, co obxectivo principal de que o edifico sexa unha realidade antes de rematar 2019, cun investimento global que roldará os 25 millóns de euros.

 

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, concentrando nun mesmo edificio todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e ubicando no inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.