Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva mostra a súa fonda preocupación polo novo retraso do AVE para Galicia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra cualifica de “incrible e indignante” a actitude conformista do presidente da Xunta. “E Núñez Feijoo tan contento, oiga”.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou a súa fonda preocupación polo novo retraso anunciado polo Goberno de España sobre a chegada do tren de alta velocidade a Galicia e, en concreto, á provincia de Pontevedra. Este novo retraso coñecido onte tras a entrevista do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, “situaría o AVE no ano 2019 e ademais din que será en probas”.

 

Carmela Silva considerou “preocupante” este novo paso atrás nunha infraestrutura vital para o territorio, pero tamén mostrou a súa sorpresa porque nesta entrevista “o presidente de todos os galegos e as galegas” non puxera sobre a mesa do Ministro a necesaria conexión por Cerdedo, algo que para a provincia de Pontevedra é “fundamental por razóns económicas e sociais”, a xuízo da Presidenta da Deputación.

 

Silva tamén lamentou que o ministro e o presidente da Xunta tampouco abordaran a situación da A-55 o seu paso pola localidade de Mos, onde se rexistran innumerables problemas e ten unha alta taxa de acidentabilidade. A Presidenta da Deputación lembrou como a anterior ministra de Fomento, Ana Pastor, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arevalo, en período pre electoral fixeron unha visita con “moitas fotos e grandes anuncios” dunha reforma do trazado da autovía o seu paso por Mos que incluía un túnel de 2,5 quilómetros para salvar a parroquia de Puxeiros. “É indignante. A día de hoxe –destacou a Presidenta- e un ano despois- o Goberno de España non sabe nada nin contesta. O único obxectivo de todas aquelas fotos da ministra e a alcaldesa era que nos atopábamos en campaña electoral. Unha nova promesa incumprida”.

 

Outro aspecto que para Carmela Silva tería que ser abordado na xuntanza entre o ministro e o presidente da Xunta é o dos altos peaxes da autopista AP-9, “que supoñen unha perda de competitividade para as empresas da provincia de Pontevedra e unha esquilma para os usuarios”. Igualmente “resulta incrible” , dixo a presidenta, que a nova saída Sur do tren de alta velocidade que uniría Porto con Vigo “nin tan sequera estivera presente na xuntanza e máis cando Portugal si fixo os deberes e segue esperando polo goberno de España”. Para a Presidenta da Deputación “trátase dunha actuación fundamental para o desenvolvemento económico do Sur de Galicia e especialmente para a area metropolitana de Vigo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.