Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta autoriza bautizar ao instituto tomiñés “IES Antón Alonso Ríos”

A publicación no DOG, era o último paso necesario para facer oficial o nomeamento, resultado dunha votación popular.

[Img #30197]

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de autorizar o cambio de nome do Instituto de Ensino Secundario de Tomiño, que a partir de agora, pasará a chamarse “IES Antón Alonso Ríos”.

 

A Orde do DOG, de 16 de xaneiro de 2017, é a culminación do proceso participativo para o bautizo do instituto, posto en marcha polo Concello de Tomiño e o propio centro educativo.

 

Antón Alonso Ríos foi o nome máis votado pola comunicación educativa e veciñanza en xeral.

 

A súa candidatura foi apoiada por un total de 1026 votos, o 36% do total de votos emitidos.

 

O proceso comezou en outubro coa recepción de propostas de tódolos cidadáns, que foron seleccionadas por un comité de expertos. En total recibíronse 51 propostas de nomes diferentes, das que o comité seleccionou 5 e o consello escolar do instituto, decidiu os tres nomes finalistas que se someteron a votación: Isaura Gómez, IES Tomiño e Antón Alonso Ríos.

 

A votación celebrouse durante 12 días (2-13 de novembro), en urnas situadas no instituto e na casa consistorial de Tomiño e tamén a través dun procedemento de votación on line.

 

Os resultados foron notificados ao consello escolar do IES de Tomiño que, unha vez aprobado, presentou  unha solicitude formal de cambio de nome á Consellería de Educación.

 

Antón Alonso Ríos (Silleda 1887 – Bos Aires 1980) foi un mestre e pedagogo intimamente ligado a Tomiño, especialmente na etapa da II República. En Tomiño dirixiu a escola Aurora del Porvenir, onde desenvolveu un modelo educativo innovador. O franquismo obrigouno a emigrar a América. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo, que presidiu logo da morte de Castelao, ata 1950.

 

O instituto de Tomiño conta con 600 alumnos. O proceso participativo para escoller o novo nome do instituto de Tomiño foi unha das accións do programa Educación da Boa, impulsado dende o Concello, coa finalidade de promocionar tanto o instituto, coma un ensino público de calidade.

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tamén responsable de Educación no Concello, explicou que a intención do goberno foi lograr un maior vencellamento entre o instituto e os veciños e veciñas. “Por esta razón comezamos pola escolla do nome; queremos que os cidadáns participen máis na actividade e na mellora do IES, e que o IES se abra cada vez máis á sociedade”, salientou a rexedora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.