Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 04 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación pídelles aos concellos que fagan as súas achegas ás bases das liñas de axudas para poñer en valor os montes da provincia

O vicepresidente, Mosquera, insta ás alcaldesas e alcaldes a que realicen as súas propostas para a creación de parques forestais antes do 28 de febreiro.

[Img #30225]

 

A Deputación de Pontevedra acaba de achegarlles aos concellos da provincia o primeiro borrador das bases das liñas de axudas para poñer en valor os montes da provincia co fin de que realicen as súas achegas. O vicepresidente, César Mosquera, instou ás alcaldesas e alcaldes a que participen na redacción do texto final e propoñan melloras e contribucións antes do 28 de febreiro.

 

Segundo indicou Mosquera, o monte é o grande esquecido do territorio galego, polo que a Deputación de Pontevedra pretende poñer en marcha un ambicioso e novidoso proxecto para poñelo en valor e crear parques forestais singulares: frear os lumes ou minimizar o seu dano, levar adiante propostas que poñan en valor a paisaxe e crear explotacións complementarias á madeireira, xa sexan micolóxicas, gandeiras ou doutro tipo.

 

Para iso a institución provincial abrirá unha liña de axudas, que alcanzará 1.200.000 euros, na que traballará da man das diferentes xuntas de montes e dos concellos. Haberá dous apartados subvencionables. O primeiro terá 360.000 euros e destinarase á redacción de proxectos de intervención no monte para organizar as actuacións. O segundo (con ata 840.000 euros) servirá para financiar as actuacións concretas que se van desenvolver. O financiamento poderá chegar ata o 80 % do valor total dos proxectos e actuacións en función do número de solicitantes e dos valores que se propoñan.

 

Unha das esixencias para optar ás axudas será que o ámbito de actuación sexa dun mínimo de 50 hectáreas, polo que serán fundamentais os acordos entre diferentes comunidades de montes e os concellos.

 

No día de hoxe o vicepresidente, Mosquera, remitiulles unha carta ás rexedoras e rexedores. Unha vez se cumpra o prazo establecido (ata o 28 de febreiro) os técnicos provinciais valorarán as achegas e, en función do seu contido, incorporaranse ao texto final para que sexa aprobado e se publique no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.