Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP pide aos socialistas que “se deixen de palabrería e aposten polos feitos” en Salceda

Santiago Rodríguez Davila recorda que os únicos que están enganando aos veciños son eles, ao presumir de uns investimentos que a día de hoxe non están nin iniciados.

O Partido Popular de Salceda de Caselas pide ós socialistas  que “se deixen de tanta palabrería e que pasen de unha vez por todas aos feitos”. O voceiro local do PP, Santiago Rodríguez Davila, sinala que “hai unha diferencia moi grande e evidente entre fondos investidos e fondos pendentes de investir, e a realidade é que a día de hoxe as obras de humanización das rúas Compostela, A Coruña e parte de Rafael Tilve Adrio non só están sen facer, senón que non están nin comezadas”.  

 

Polo tanto, insiste en que “si alguén está enganando aos veciños son eles, ao presumir de uns investimentos que a día de hoxe non están nin iniciados e ao xogar coas cifras para que pareza que as cantidades que invisten agora en Salceda son maiores”.


“Non sabemos si é por culpa da Deputación, si é do propio goberno de Salceda, pero mentres noutros concellos os investimentos xa están executadas ou cando menos moi avanzados, en Salceda están presumindo de obras que non se fixeron, e esa é a única realidade”.

 

 

 

 

“Están xogando coas cifras para que pareza que as cantidades que invisten agora son maiores, pero é a costa de eliminar as axudas que antes recibían colectivos veciñais e culturais”, engade

 

 

 

 

Davila recorda que eses fondos dos que tanto presumen para Salceda de Caselas son un plan no que inclúen todo para que pareza que hai máis cartos, pero o certo é que o fan a costa de eliminar, entre outras, as axudas que antes recibían os colectivos veciñais e culturais do municipio, “eliminaron o Plan de Acción Comunitaria, as axudas as entidades culturais e veciñais para melloras dos seus edificios, para vestiarios, instrumentos…, e din que dan máis cartos agora, si, para o goberno local, pero non para o conxunto total do Concello –administración local e colectivos-.

 

Asemade, os populares din que “xa sabemos que teñen ata decembro para executar as obras, por elo nos dixemos que se executen xa, a que esperar, a aproximarse as eleccións municipais impedindo que os veciños/as poidan desfrutar das melloras das rúas dous anos antes”.

 

Ademais, o voceiro entende que “agora queren facer un lavado de imaxe en Salceda despois de que o bipartito provincial rexeitase en pleno investir para mellorar a seguridade vial na estrada provincial EP-2501 o seu paso pola parroquia de San Xurxo, rexeitando construir unhas beirarrúas dende o entorno da igrexa o cemiterio parroquial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.