PROVINCIA
O Goberno da Deputación destina 120.000 € para o impulso do envellecemento activo a través de “Depo en marcha”
A nova edición do programa ofrece un mínimo de 100 obradoiros estruturados nas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.
![[Img #30307]](upload/img/periodico/img_30307.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial vai aprobar as bases da segunda edición de “Depo en marcha”, un programa xestionado a través do servizo de cohesión social e xuventude e ó que se destinarán 120.000 €.
Carmela Silva manifestou que “vivimos nunha sociedade cada vez máis envellecida que precisa de servizos, plans e programas adaptados ás súas necesidades”. Neste contexto, a Presidenta da Deputación asegurou que “Depo en marcha” ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das persoas da provincia a través de obradoiros que queren “contribuír a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade da terceira idade así como establecer relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a independencia das persoas maiores, para evitar o seu illamento e situacións de soidade”.
Na área de “Traballando coas mans” a Deputación de Pontevedra ofertará cursos relacionados con arte con flores, cestería, elaboración de xabóns, encaixe de bolillos, restauración de mobles, tapicería e manualidades. “Entre fogóns” centrarase na cociña galega, na elaboración de conservas artesanais e licores caseiros así como panadería, repostería, tapiñas e petiscos. A través de “Aprendendo da natureza” os participantes no programa coñecerán prantas mediciñais e de “Móvete” aprenderán a practicar pilates, ioga, ximnasia de mantemento e zumba.
Pola súa banda, na área de “Activando corpo e mente” a institución provincial ofertará cursos relacionados coa conservación da memoria, musicoterapia, risoterapia e control e manexo da ansiedade e o estrés. “Enredando” centrarase nos xogos tradicionais e no teatro e “Dálle marcha” nos bailes de salón, pandeireta e canto popular”. A través de “En rede” os participantes en “Depo en marcha” coñecerán o funcionamento de Internet así como do correo electrónico, do teléfono móbil e informática tanto a nivel iniciación como avanzado.
Os máis de 100 obradoiros que oferta a Deputación de Pontevedra van dirixidos a entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra, concedéndose un obradoiro,de 30 horas e para grupos de entre 20 e 25 persoas, por cada solicitante.
As entidades interesadas en beneficiarse do programa “Depo en marcha” terán que presentar a solicitude de participación nun prazo de 20 días a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149