Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 04 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva expresa a súa preocupación ante os datos do paro de xaneiro

A Presidenta da Deputación provincial subliñou que o descenso do desemprego ven ligado á contratación temporal.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa preocupación polos datos do paro rexistrados no mes de xaneiro tanto na totalidade do Estado español como en Galicia e, especialmente, na provincia de Pontevedra, posto que “volve supoñer un aumento do desemprego en España do 1,55 por cento, 57.257 persoas ingresaron nas listas dos desempregados deste país, e o número de desempregados ascende a 3.760.234, do cal o 56 por cento son mulleres”.

 

Tal como subliñou a Presidenta, “o número de contratos asinados no mes de xaneiro de 2017 ascendeu a 1.633.592, dos cales apenas o 9,19 por cento son indefinidos”. Por iso, explicou “quero mostrar a miña preocupación porque o desemprego en España segue sendo un problema estrutural, a creación de emprego está ligada á estacionalidade da actividade económica, polo tanto segue a ser un gran problema e eu espero que todas as administracións, de forma particular o Goberno de España e a Xunta de Galicia deixen de dar aplausos cada vez que hai bos datos e que recoñezan que son conxunturais”.

 

Silva mantén que seguimos a rexistrar un problema gravísimo de desemprego estrutural, e que afecta dun xeito especial as mulleres, que son o 56 por cento “polo tanto un motivo máis para traballar pola igualdade e adicarlle recursos suficientes á promoción da igualdade e non seguir a recortar orzamentos como fai a Xunta de Galicia, case un 19 por cento no que ten que ver coa promoción da muller, e logo, mostrar a miña preocupación pola porcentaxe tan baixa de traballos indefinidos”.

 

Carmela Silva incidiu en que os empregos que se crean “son todos traballos temporais, a tempo parcial moitos deles, á parte sen garantías e sen dereitos, polo tanto empregos de moi mala calidade”. En Galicia, lembrou, “o desemprego crece por riba da media estatal ao achegarse ao 2,99 por cento. Espero que igual que outros meses que Galicia estaba por debaixo dos datos de desemprego e do crecemento de desemprego de España, ou que o índice de crecemento de emprego era maior, e o señor presidente mostraba a súa alegría por eses datos, pois que agora saia tamén a valorar estes datos que nos sitúan por riba da media estatal do desemprego, e que recoñezan que Galicia está peor que o conxunto de España, porque cando é ao contrario sae a dicilo tamén”.

 

Así mesmo, apuntou que “en Pontevedra o desemprego tamén está por riba da media estatal, na provincia subía un 2,77 por cento , dos cales o 55 por cento son mulleres”.

 

Con respecto ao tipo de contratación que se está a producir, Carmela Silva subliñou que son de carácter temporal  “que representan o 92,18 por cento do total. Polo tanto, mostrar a miña preocupación por estes contratos temporais de baixa calidade que en moitos casos incluso non son de xornada completa”.

 

Por último, sinalou, “que as prestacións a nivel estatal mantiveron en xaneiro unha taxa de cobertura do 56,6 por cento, e isto preocúpame moito porque hai moitas familias no noso país e na nosa comunidade e na nosa provincia que están no desemprego e que non están cubertas por ningún tipo de subsidio, o que significa que hai moitas persoas que están nun risco moi grave de exclusión social, e iso non se pode consentir”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.