Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Un macroproxecto de preto de 500.000 euros mellorará o Polígono do Rebullón nesta lexislatura

A acometida do saneamento e o soterramento de servizos como telefonía e electricidade realizaranse este ano.

[Img #30260]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, a secretaria, o interventor e o arquitecto municipais reuníronse no salón de sesións do Concello con representantes de AEMOS, Asociación de Empresarios, e de varias empresas do Polígono do Rebullón, para abordar a solución ás deficiencias existentes no polígono.


O macroproxecto construtivo, elaborado polo arquitecto do Concello, Manuel Toucedo, xa se atopa totalmente rematado, e conta co visto bo da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.


Este macroproxecto consta de tres fases. As dúas primeiras, correspondentes á acometida de servizos, levaranse a cabo inminentemente, neste mesmo ano 2017, e a terceira de humanización realizarase no 2018.


Na primeira fase instalarase toda a rede de saneamento e durante a segunda, aproveitando a apertura das canalizacións para o saneamento, acometerase o soterramento do resto de servizos tales coma telefonía, electricidade, abastecemento de auga potable, etc.


Xa na terceira fase proxectada para o ano que ven realizarase a humanización do Polígono do Rebullón, procedendo a pavimentar, urbanizar e instalar mobiliario urbán nos viais interiores do polígono.


Neste sentido a rexedora local mosense declarou que “por fin, nesta lexislatura quedará ordeado este parque empresarial e cun aspecto e dotacións dun auténtico polígono industrial”. O Concello lidera e coordina este ambicioso proxecto con financiación autonómica na súa maioría, e cunha parte tamén de aportación dos propios empresarios e da administración local.


Para a execución deste macroproxecto solicítase subvención á consellería de Economía, Emprego e Industria con cargo a unha liña de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.


Ditas axudas subvencionan o 80% do proxecto aoutorgando ata un máximo de 120.000 euros por municipio e obra, contía coa que se acometerán as primeira e segunda fases, e máis urxentes, das necesidades do Polígono do Rebullón, consistentes na instalación da rede de saneamento de augas fecais; e de soterramento dos demais servizos. Do 20% restante os propios empresarios do Rebullón asumirán o 90%, e o Concello de Mos colaborará aportando un 10%. Deste xeito os empresarios faranse económicamente cargo das partes non subvencionables do proxecto, nas que contarán coa colaboración da administración local mosense.


A terceira fase céntrase, pola súa banda, na mellora do vial central que deberá contemplar todo tipo de traballos de humanización como mellora do firme, acometida de beirrarúas e aparcadoiros, delimitación de vados, optimización do alumeado público, etc.


O custe total dos traballos ascenderá a 480.000 euros.


Por último a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou a “necesidade de revalorizar esta zona industrial, estratéxica pola súa ubicación, pero que precisa dunha mellora estructural importante e vital para a subsistencia do polígono”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.