Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Dous feridos en Mos ao caerlle un Piñeiro no seu coche

O forte vento tamén reventou dúas paredes do Pavillón Peña de Francia

Nas últimas horas o temporal de vento rexitrado causou numerosos estragos na localidade de Mos, así, dúas persoas resultaron feridas ao caer un piñeiro sobre o seu coche. Os feitos producíronse cando as vítimas circulaban pola estrada Alto de Barreiros - Os valos, na parroquia de Mos segundo os datos facilitados polos Servicio Municipal de Emerxencias. Na zona do Casal en Pereiras outra árbore caía sobre un vehículo, nesta ocasión sen feridos.

 

Un pavillón destruido e varias estradas cortadas

 

O forte vento tamén reventou dúas paredes do Pavillón Peña de Francia na parroquia de Tameiga, a zona permanece acordoada para evitar riscos maiores.

 

[Img #30275]

 

Segúndo informan dende o Servicio Municipal de Emerxencias, nas últimas horas, rexistráronse ademáis numerosos incidentes provocados pola caída de árbores e tendido eléctrico principalmente. Ademáis recomendan circular con precaución e informa que varias estradas locales permanecen cortadas o ser intransitables.

 

Un retén de 12 persoas entre o servicio de Voluntarios de Protección Civil de Mos e o Servicio Municipal de Emerxencias está a traballar para intentar solucionar as numerosas chamadas de emerxencia recibidas.

 

Dende o Concello os operarios de mantemento traballaron onte para solucionar varios percances nas estradas e os efectivos da Policía Local mantiveron catro axentes operativos durante esta madrugada.

 

Por último en Louredo un importante número de vivendas continúan sen luz eléctrica ante a indignación dos numeros veciños afectados que seguen sen recibir unha solución por parte da empresa eléctrica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.