Mos
O Concello anuncia a cancelación de todas as actividades organizadas para esta fin de semana en edificios públicos
![[Img #30277]](upload/img/periodico/img_30277.jpg)
Ó igual que en 2016 o de Mos é un dos concellos da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais de principios de ano. E tamén igual que o ano pasado, nesta ocasión a primeira administración que se achega ata o municipio mosense a comprobar de primeira man os danos do temporal e interesarse por porlle solucións é a Xunta de Galicia. En febreiro de 2016 facíao o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e esta mañá fíxoo o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Pavillón de Pena de Francia, que onte sufriu graves estragos derrubándose as dúas paredes que se atopaban xusto detrás de ámbalas dúas porterías.
Acompañaron a López-Chaves na súa visita a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, a concelleira de Educación, Kely Monzón, e o edil de Patrimonio, Camilo Augusto. Durante a visita atopábanse tamén facendo traballos de retirada de escombros e aplicación doutras medidas de seguridade voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Mos.
A alcaldesa informou de que a continuación reuniríase in situ co Xefe da Policía Local, o Coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias e a Arquitecto Técnico municipal para decretar medidas técnicas de seguridade no pavillón e as súas inmediacións, aínda que xa hai un protocolo de seguridade posto en marcha consistente en concreto no Pavillón Pena de Francia e as súas inmediacións haberá vixilancia permanente 24 horas (ata o luns) por parte da Policía Local e/ou Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil; Quedan inabilitadas totalmente as instalacións. Ninguén poderá acceder nin achercarse ata novo aviso. A zona será vallada; O luns o Concello iniciará a redacción dun proxecto de rehabilitación do edificio para cuxa inminente execución buscarase colaboración supramunicipal; Pídese e recoméndase aos pais e nais de alumnos/as do Colexio Pena de Francia que, na medida do posible, manden aos seus fillos á escola no transporte escolar (os vindeiros luns e martes) para evitar colapsos de tráfico na zona e Solicítase aos pais e nais de alumnos/as do Colexio Pena de Francia, e en xeral a calquera veciño/a, que non utilicen o aparcadoiro que se atopa xunto ao pavillón
En xeral no Concello de Mos quedan suspendidas todas as actividades programadas para a presente fin de semana nos edificios públicos municipais, ademáis porase un cartel informando ao respecto en cada un deses edificios; informarase de novas medidas, no caso de adoitarse, na páxina web municipal www.mos.es e no Facebook do Concello de Mos. Polo que se recomenda aos veciños/as que estean pendientes destas dúas plataformas dixital.
Por último a rexedora local mosense agradeceu toda a colaboración das moitas persoas que están a traballar pese as inclemencias do tempo para que as consecuencias do temporal sexan as menores posibles e, en especial, deulle as grazas ó delegado da Xunta por acudir tan rápidamente a Mos esta mañá. E concluiu a alcaldesa declarando que “espero que a Deputación esta vez colabore co Concello de Mos nesta situación extrema e sobrevenida, xa que o ano pasado non fixo nada. Nunca é tarde se a dicha e boa e agradeceríamos enormemente a axuda da administración provincial”, concluiu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149