SALCEDA DE CASELAS
O PP denuncia a falta de limpeza nas beirarrúas de Salceda de Caselas
O grupo popular no Concello trasladou ao equipo de goberno unha denuncia en materia de suciedade urbana.
Nun escrito remitido ao Alcalde, o PP de Salceda de Caselas denunciou hai uns días ante o equipo de goberno local o lamentable estado no que se atopan as beirarrúas da Esfarrapada. Segundo o portavoz popular, Santiago Rodríguez Davila, que recolleu as queixas dos veciños, «día tras día as rúas e prazas do municipio están máis sucias e descoidadas, sobre todo as da Esfarrapada».
Rodríguez Davila denuncia unha «absoluta deixadez por parte do Goberno local», como así o puideron comprobar «os veciños que nos fixeron chegar o seu descontento ante a suciedad que hai nas rúas e zonas polas que continuamente pasan menores, e que nos mesmos padecemos».
O portavoz Popular refírese ademais á nula limpeza dos propios contenedores e a escaseza de papeleiras en certas zonas do casco urbán, o que fai proxectar unha mala imaxen de Salceda que non se merece. Critica asimesmo que “non se baldean as beirarrúas con maquinaria apropiada, nin existe un plan de limpeza anual o respeto”, o que desemboca nun absoluto fracaso na limpeza do Concello, sen reforzos en zonas con cada vez máis poboación e “sen que os responsables políticos fagan algo por solucionar a situación”, polo que defenden e insisten en “gastar menos no goberno e máis nos servizos os veciños”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149