Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 06 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Escola de Cantería da Deputación inicia o programa de visitas guiadas dirixidas a alumnado da ESO

Estudantes de Secundaria poderán coñecer así unha opción educativa alternativa á Formación Profesional tradicional e ao Bacharelato.

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra pon en marcha este mes de febreiro un programa de visitas guiadas ás súas instalacións que se prolongará ata o vindeiro mes de xuño. Estas visitas, destinadas ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos da provincia, terán lugar de luns a xoves, de 9:30 a 11:30 horas, ou de luns a mércores, de 16:00 a 17:30 horas.

 

Cunha duración aproximada de 45 minutos, as visitas teñen por finalidade que mozos e mozas que están a piques de rematar a educación secundaria obrigatoria poidan coñecer de primeira man unha opción educativa alternativa ao Bacharelato e á Formación Profesional.

 

As visitas ás instalacións serán guiadas polo director técnico do centro, Enrique Velasco, e permitirán ver en funcionamento as aulas e obradoiros de modelado, escultura, baleirado de esculturas, pulido ou informática, e observar en directo o traballo do actual alumnado co bronce, o granito ou o mármore, así como adquirir un coñecemento básico das normas de seguridade que se empregan nos traballos de cantería.

 

O alumnado obterá información ademais sobre todas as materias que se imparten na Escola de Cantería e descubrirá a relevanciado centro na recuperación e mantemento dun dos oficios máis tradicionais, así como na conservación do patrimonio histórico-artístico da provincia de Pontevedra. Cada centro poderá escoller a data e o horario que máis lle conveña e a reserva das visitas realizarase a través do número de teléfono 886 201 550ou mediante o correo electrónico carmen.fernandez@depo.es.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.