MOS
A corporación mosense condea as pintadas nas sedes locais do PP, do PSOE e no domicilio dun concelleiro
A alcaldesa, Nidia Arévalo, en representación do Concello de Mos, comunica que os catro grupos políticos integrantes da Corporación Municipal mosense, Partido Popular, GañaMos Asamblea Veciñal, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego, están a redactar unha moción conxunta de repulsa e condea dos actos vandálicos acaecidos na madrugada do pasado sábado 4 de febreiro ao domingo día 5, consistentes en pintadas nas sedes locais do PP e do PSOE e no domicilio do concelleiro, voceiro e presidente do comité local dos populares mosenses, Camilo Augusto.
A rexedora local mosense informa de que, unha vez rematada, o texto desta moción será presentado nunha Xunta de Portavoces para, a continuación, levala a aprobación ó Pleno do presente mes de febreiro, na súa sesión ordinaria.
Todos grupos municipais, tanto os afectados polas pintadas coma os que non, coinciden en rechazar este tipo de actos vandálicos por ser destructivos e carecer de sentido.
Os afectados por este caso concreto xa interpuxeron as pertinentes denuncias no Cuartel da Garda Civil de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149