Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 07 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

A ANPA Pena de Francia fai un chamamento as administracións para reparar os danos do pavillón

Agardan “que coa colaboración de todas as partes, sen inútiles rifirrafes políticos, e así pronto esto non sexa máis cun mal sono”.

[Img #30314]

 

A Xunta Directiva ANPA Pena de Francia ven de emitir un comunicado no que se congratulan “porque non houbera ningunha vítima” no derrumbe do Pavillón pena de Francia xa que “por fortuna ese día suspendeuse a actividade de baloncesto que iase realizar pola tarde”.

 

No comunicado fan un chamamento “ás distintas administracións competentes para recabar a financiación necesaria para realizar as obras de reparación dos danos, xa que coñecemos a delicada situación económica do Concello de Mos o cal imposibilítalle para abordar con fondos propios dita actuación”.

 

Solicitan que “ademáis de realizarse as obras para subsanar os desperfectos do temporal tamén se arranxe todo o deterioro acumulado nestos últimos anos pola falta de mantenemento e inversión no edificio”.

 

Ademáis disto, creen que é “imprescindible encargar un estudio técnico riguroso da solidez do edificio e averiguar se a estrutura ten algún vício construtivo, algunha falla de materiais por envellecemento prematuro ou mesmo como no edificio do Colexio se ten grietas que comprometan a solidez.  Sen este estudio e a subsanación das posibles fallas e imposible garantir que isto non volva a suceder”.

 

Explican que o pavillón “inda que atópase en moi mal estado era usado a cotío para desenvolver actividades extraescolares deportivas, as cales deberán suspenderse a partir de agora”.

 

Por último agardan “que coa colaboración de todas as partes, sen inútiles rifirrafes políticos, e así pronto esto non sexa máis cun mal sono”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.