Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP critica a “nefasta actuación e falta de previsión” do Bipartito provincial durante o temporal

Critican que o Parque de Maquinarias "estivo sen funcionar durante todo o fin de semana e que das oito brigadas que hai dispoñibles, só dúas estiveron de garda".

[Img #30329]

 

O grupo provincial do Partido Popular criticaba onte a “nefasta actuación e a falta de previsión” do goberno  da Deputación de Pontevedra durante o temporal, que "foi incapaz de establecer un dispositivo especial e poñer todos os seus recursos de apoio aos concellos da provincia, a pesar das alertas que existían por fortes ventos e choivas" aseguran.

 

Nidia Arévalo, que estivo acompañada polo tamén voceiro do grupo Ángel Moldes e do deputado Jose Enrique Sotelo, criticou que “cando todos xa sabiamos o que nos viña enriba, o bipartito non activou todos os mecanismos que ten á súa disposición". Así, explicou que "as máquinas estiveron aparcadas e o Parque pechado desde as 15.00 horas do venres ás 8.00 horas do luns. Ademais, das oito brigadas que hai dispoñibles, desde o venres ás 15.00 horas só traballaron dúas, que son exactamente as mesmas que están de garda calquera fin de semana do ano".

 

“A Deputación é a institución máis próxima e ten que ser a primeira en asistir aos concellos. Non o dicimos os deputados do PP, o di a lei”, sinalou a voceira do grupo, Nidia Arévalo, que recordou que, por segundo ano consecutivo, “mentres os concellos sufrimos os danos de un temporal fortísimo, tivemos que ver un goberno provincial durmido, un bipartito que se pon de lado aos problemas desta provincia”.

 

A popular criticou que “o primeiro ano podíamos pensar que o abandono do parque de maquinarias e do apoio aos concellos podía ser un problema de falta de reacción, de improvisación, de non enterarse que están gobernando… Pero cando isto se repite unha vez máis, xa non hai escusas”.

 

 

 

 

“Mentres os concellos sufrimos os danos de un temporal fortísimo, tivemos que ver un goberno provincial durmido, un bipartito que se pon de lado aos problemas desta provincia”, critica Nidia Arévalo

 

 

 

 

Nesta liña, pregúntanse “por que a presidenta da Deputación dá a espalda aos veciños dos concellos cando se produce esta situación crítica? Por que non funciona o parque? Por que non asiste aos concellos? E por que as estradas provinciais continúan abandonadas?”


Ademais, a voceira popular criticou que os socialistas da provincia “teñan o atrevemento que lles caracteriza” para facer unha valoración da actuación da institución autonómica. “É un maquillaxe á súa actuación, máis cando a Xunta foi a única administración que puxo todos os medios a disposición dos concellos”. Nidia Arévalo tamén recordou que o ano pasado foi tamén a Xunta a única que apoiou economicamente aos concellos para paliar os danos ocasionados polos temporais.

 

Tamén o voceiro Ángel Moldes incidiu nesta idea. “Que se deixe de criticar a outras administracións onde goberna o PP, que é o único que saben facer, e que Carmela Silva diga que vai facer a Deputación de Pontevedra para colaborar cos concellos”. A proposta dos populares é crear unha liña de axudas extraordinarias para paliar os efectos dos temporais e axudar aos concellos afectados a sufragar os gastos para reconstruír as infraestruturas danadas.

 

“A Deputación non debe quedar ao marxe”, criticou Ángel Moldes. “Cando todos sabiamos que había unha alerta, foron incapaces de poñer a funcionar todos os recursos que ten a Deputación de Pontevedra. Ten que implicarse e colaborar”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.