Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 09 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Tódalas aulas do CRA Raíña Aragonta nas parroquias contan xa con auga das traídas

[Img #30331]

 

As sete aulas coas que conta o CRA Raíña Aragonta ao longo das sete parroquias de Salceda contan xa con auga das traídas parroquiais, logo de que a Asemblea da Traída de Augas de Picoña aprobase a conexión á aula situada nesa parroquia, a única que ata día de hoxe non contaba con este servizo. Establecéndose unha colaboración mútua entre Concello e Traídas de Augas, estas foron aprobando os enganches en cada unha das aulas eximindo ao Concello do pago das cuotas de abonado, partindo da base de que a auga vai destinada aos cativos e cativas da parroquia, quedando establecido ese requisito para o mantemento das condicións establecidas. O Concello ten financiado ás traídas de auga privadas obras de mellora, tanto no almacenamento como na distribución, así como nas tarefas de mantemento puntual que xurden con motivo de avarías e outros. Ademáis, as redes de distribución pasan case na súa totalidade por viais públicos municipais sen custe algún para as traídas.

 

O suministro a través das traídas parroquiais é o único xeito de garantir a calidade sanitaria da auga. Nos últimos anos, o Concello de Salceda eliminou as fontes de abastecemento mediante pozos nas aulas das diferentes parroquias, xa que non ofrecían ningún tipo de garantía ao carecer de sistemas de clorado. Para suplir esta carencia, ata o de agora, o Concello viña suministrando auga embotellada para o consumo dos cativos naquelas aulas nas que non se contaba co suministro de auga das traídas.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.