Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 10 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A concelleira de Educación e o director do ‘IES Pino Manso’ fan entrega do libro dos Bolechas

[Img #30349]

 

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, acompañada polo director do IES Pino Manso, Juan Aguilar, fixo entrega de varios exemplares do libro ‘Os Bolechas van ao aniversario do Pino Manso’, editado co gallo dos primeiros 50 anos de vida deste instituto porriñés.


Moure e Aguilar explicaron aos directores dos centros das garderías, ensino de infantil e primaria e ensino secundario, Fernández López, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, Antonio Palacios, Atios, Budiño, A Galiña Azul, Ribeira do Louro e CEIP Da Ribeira, o motivo da edición especial deste libro e as actividades que, ao longo de todo este curso, se realizarán no Pino Manso para celebrar o seu medio século de vida.


A concelleira de Educación, lembrou que no Pino Manso “estudaron, e estudamos, varias xeracións non so de porriñeses, senón de veciñas e veciños de Ponteareas, Tui, Salceda, Arbo, As Neves, Mondariz, mesmo A Cañiza”, o que converte a este centro de ensino, “non so en parte da historia do Porriño, senón de toda a bisbarra do Louro”.


O cómic relata a experiencia de antigos profesores e estudantes do centro que fan un repaso ao que aconteceu no mesmo dende súa apertura en 1966-cunha das primeiras directoras de instituto do Estado á súa fronte- e coma o seu desenrolo foi paralelo ao da economía, a poboación, o deporte ou a industria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.