PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra aproba destinar máis de 1,2 millóns de euros para que nove concellos poidan empregar a 155 persoas
Campo Lameiro, Fornelos de Montes, Meis, Mondariz, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Silleda, Tui e Vilanova de Arousa son os beneficiarios desta achega ao abeiro do Plan Concellos 2017.
![[Img #30379]](upload/img/periodico/img_30379.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a concesión de 1.229.083,59 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017, destinados aos concellos de Campo Lameiro, Fornelos de Montes, Meis, Mondariz, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Silleda, Tui e Vilanova de Arousa. Con esta achega, e coas aprobadas as semanas pasadas, a institución provincial leva xa investidos 3.821.269,23 € que están a permitir que 29 concellos da provincia poidan contratar a 502 persoas para manter e garantir os servizos municipais.
A Deputación de Pontevedra leva investidos en algo máis de dúas semanas máis de 3,8 millóns de € que supoñen 502 persoas empregadas en 29 concellos da provincia
Carmela Silva manifestou a necesidade de que “as administracións sigamos impulsando medidas para loitar contra o desemprego” e engadiu que “sen esta liña os concellos da nosa provincia dificilmente poderían prestar servizos básicos xa que somos a única administración que pon á súa disposición recursos que permiten contratar a persoal e garantir así que poidan seguir prestando estes servizos, cubrindo ocos que está a provocar a lexislación aprobada polo goberno de Rajoy”.
Neste contexto, a Xunta de Goberno da Deputación aproba esta semana, ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, que nove concellos poidan contratar persoal. Máis polo miúdo, Campo Lameiro recibirá 81.837,87 € para a contratación de 11 persoas, Fornelos de Montes 77.250,03 € dirixidos a 15 traballadoras e traballadores, Meis 106.950,25 € para 10 persoas, Mondariz recibirá 113.116,61 € para a contratación de 17 traballadoras e traballadores, Ponte Caldelas 117.884,50 € dirixidos a 11 persoas, Sanxenxo 250.751,28 € para 43 traballadoras e traballadores, Silleda recibirá 100.480,50 € para a contratación de 7 persoas, Tui 225.165,30 € dirixidos a 23 traballadoras e traballadores e Vilanova de Arousa 155.647,25 € para 18 persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149