Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Máis de 200 alumnos asisten hoxe á derradeira proxección do programa “O cine nas Aulas”

Logo traballarán sobre o tema abordado na películas nas unidades didácticas nas aulas.

[Img #30413]

Hoxe, 14 de febreiro, terá lugar a derradeira proxección deste curso do programa “O cine nas Aulas” promovido dende o departamento de Servizos Sociais coa colaboración dos centros educativos tudenses.


Así asistirán ao Teatro Municipal 222 alumnos/as e 10 profesores/as de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón, San Paio, Seminario Menor San Paio e Colexio Marista Sta María.  Coa película prevista incidirase sobre o  respecto aos demais, a tolerancia, e saber aceptar ás persoas tal e como son. Tras a proxección continuarase co traballo nas aulas a través das  unidades didácticas elaboradas pola técnica de Prevención do Concello.


Co programa “O Cine nas Aulas” aproveitase o atractivo que o cinema ten para a mocidade para captar a atención dos máis novos, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.    A metodoloxía do programa permite que  o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilita serve como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.