Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG pide "resolver o acceso ao colexio Santo Tomás"

O BNG critica a "falla de xestión da Alcaldesa e o concelleiro de Vía e Obras e propón que a obra se financie co Plan Concellos da Deputación".

"Vai facer un ano desde que, en marzo de 2016, o pleno do concello do Porriño aprobara por unanimidade unha moción do grupo municipal do BNG para que se arranxara o acceso ao colexio Santo Tomás, situado no barrio da Florida, e que presenta serios riscos para a seguridade de alumnos e peóns" explican os nacionalistas nun comunicado de prensa.

 

O Bloque propoñía "que se iniciasen os trámites para a redacción dun proxecto que contemplase a apertura dun novo acceso na parte posterior do colexio, polo lugar de Fonte Cega. Así, o goberno local, por mandato do pleno, debía reunirse coa comunidade de montes de Torneiros, que está disposta a ceder os terreos para esa obra, e redactar o proxecto correspondente. Debía tamén o goberno local dispoñer a vía de financiamento correspondente, con cargo aos orzamentos municipais".

 

Dende o BNG aseguran que "nada disto se fixo dende entón. Non hai proxecto e non hai orzamentos. O que non é máis que unha nova mostra do desleixe na xestión do goberno local formado por PSOE e UDDL nos asuntos que interesan aos veciños". Pola contra, o BNG non desiste da súa responsabilidade e volve propoñer ao goberno unha solución a este grave problema. "Por iso instamos ao goberno a que non demore máis a redacción do proxecto, a que fale cos veciños, coa dirección do colexio, coa ANPA e que se poña mans á obra".

 

Por último piden que o proxecto de novo acceso ao colexio Santo Tomás se financie con cargo a liña 1 (Investimentos) do Plan Concellos da Deputación de Pontevera do exercicio 2017. "Esta é a solución que levaremos ao próximo pleno municipal e agardamos que dunha vez por todas se tome en serio a nosa proposta".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.