O Porriño
Unha avaría eléctrica afecta a unha liña de tren no Porriño
Pasados uns minutos das 19:30 horas de onte luns, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia era alertado por varios particulares dun incidente no Porriño.Tratouse dun incendio nun cable que afectou á catenaria paralela á vía do tren. Non houbo danos persoais e tampouco, a liña xeral Porriño-Tui, se viu afectada. Moitos dos particulares que alertaron ao 112 Galicia indicaban que circulaban pola A-55 e vían que algo ardía na zona do Polígono da Gándara, á altura dunha empresa de cementos.
O CAE 112 Galicia decontado puxo en alerta aos Bombeiros de Baixo Miño e ao persoal de Adif que unha vez no punto, comprobaron que se trataba dunha avaría no cable da liña do tren. En ningún momento, foi preciso interromper a circulación férrea, ao tratarse do subministro dunha liña secundaria.
O lume, só afectou aos cables e aos arbustos do arredor. No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como os efectivos de Protección Civil do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149