MOS
Crece o parque móbil para o servizo municipal de recollida de lixo
A empresa concesionaria incorpora dous novos camións de uso exclusivo para o Concello de Mos.
![[Img #30428]](upload/img/periodico/img_30428.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, recepcionaron onte dos representantes da empresa concesionaria do servizo municipal de recollida de lixo, URBASER, dous novos camións de recollida de residuos que a empresa ofreceu na súa oferta ao presentarse ó concurso e que estarán adscritos ó 100% ó Concello de Mos.
Estes dous novos camións súmanse ó resto que URBASER ten para a realización de traballos xerais en diversas localizacións e á demais maquinaria entre a que se atopan un camión cisterna, unha barredora, un lava beirarrúas, un camión porta contedores e un Scarab.
Toda esta maquinaria foi tamén supervisada polas representantes municipais, Arévalo e Loureiro, quenes destacaron así mesmo as melloras que se veñen conseguido dende a implantación do novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo.
En materia de limpeza viaria, o barrido manual realízase cunha frecuencia de 5 días á semana nas zonas urbanas (Sanguiñeda e Puxeiros), 3 días á semana en Peinador, San Rafael, San Eleuterio, Rans, As Pozas, Pazo de Mos, Concello e Polígono de Veigadaña. No resto de polígonos industriais (Santiaguiño, Arrufana, Monte Faquiña e Rebullón), o barrido manual realízase quincenalmente.
O barrido mecánico realízase cunha barredora tipo Scarab Minor e cunha sopladora de mochila. Realízase cunha frecuencia de1 día á semana en Sanguiñeda e Puxeiros. Unha frecuencia quincenal en Peinador, San Rafael, San Eleuterio, Rans, As Pozas, Pazo de Mos, Concello e Polígono de Veigadaña. E unha frecuencia mensual no resto de polígonos industriais (Santiaguiño, Arrufana, Monte Faquiña e Rebullón).
O baldeo dos viais municipais realízase cunha baledeadora de 8 metros cúbicos, provista de pértiga, aspersores e piñas de rego, cunha frecuencia semanal nas zonas máis urbanas, como son Sanguiñeda e Puxeiros. No resto de zonas, onde se inclúen os polígonos industrias realízase o baldeo cunha frecuencia quincenal.
A frecuencia de lavado dos contenedores é nos de resto-urbana orgánica en verán 4 veces e en inverno 2 veces, e non orgánica 2 veces tanto en verán como en inverno; envases lixeiros 4 lavados ó ano, papel e cartón 1 ó ano e vidro 4 ó ano.
Rexedora local e concelleira de Medio Ambiente declararon hoxe que “o novo servizo contempla unha serie de melloras e optimizacións que se espera repercutan moi notablemente na calidade de vida dos veciños e veciñas e na hixiene medioambiental municipal; así como na concienciación da poboación, fundamental para poder manter os óptimos resultados do servizo”.
Ademais da limpeza viaria, outra optimización do Servizo de Recollida e Transporte de Residuos Sólidos Urbanos (fracción, resto e selectiva) e Limpeza Viaria para mellorar as prestacións aos veciños e veciñas mosenses é a atención directa ao cidadadán, xa que a nova empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, URBASER, habilitou un teléfono gratuíto, o 900 720 190 que está operativo diariamente en horario de 09.00 horas a 13.00 horas para recoller e atender as suxerencias e comentarios dos habitantes do municipio de Mos. Así mesmo, é a este teléfono ao que a veciñanza debe dirixirse para solicitar a recollida de restos de poda e enseres; facéndose no primeiro caso no propio domicilio por parte da empresa e, no segundo caso, sendo a concesionaria a que lle indique a que hora e que día debe deixar o material que desexe desfeitar no contedor máis próximo á súa vivenda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149